Thursday 16 de May de 2024

Val do Dubra acolle dende finais de 2014 na sede do seu Concello o Servizo de Información e Orientación laboral dos Concellos de Val do Dubra e A Baña


A oficina orienta e asesora a unha media de 120 desempregados cada mes

O Concello de Val do Dubra acolle dende o pasado mes de outubro a oficina do Servizo de Información, Orientación e Prospección de Emprego da Agrupación dos Concellos de Val do Dubra e da Baña. Esta oficina está ubicada físicamente na sede do Concello de Val do Dubra ubicada en Bembibre, a súa capital. O servizo atende a unha media de 120 desempregados ao mes, según o balance feito pola orientadora laboral que está ao fronte. “Asesoramos e orientamos a unha media de 120 desemprados cada mes que chegan deste concello e dos concellos limítrofes”. Según explica, a maioría veñen a través de cita previa. Ainda que tamén atende a desempregados que se achegan ata a oficina para solicitar información. Este servizo estivo ubicado anteriormente no Concello da Baña. E estará instalado aquí (na segunda planta do edificio do Concello de Val do Dubra), en principio, ata os últimos meses deste ano. A orientadora laboral indica que “chegan desempregados de Val do Dubra, A Baña, Oroso e Trazo. “Tratamos de axudar aos desempregados a través do asesoramente e da orientación laboral”, engade a experta, quen confía en que nos próximos meses comence a notarse a recuperación tamén en materia laboral.